domingo, 29 de mayo de 2011

Que é unha ilusión óptica?


Ilusión óptica é calquera ilusión do sentido da vista, que nos leva a percibir a realidade erroneamente. Estas poden ser psicolóxicas asociadas ós efectos dunha estimulación excesiva nos ollos ou no cerebro (brillo, color, movemento etc... como o encandilamento tras ver unha luz potente) ou cognitivas nas que intervén o noso coñecemento do mundo. As ilusións cognitivas divídense normalmente en ilusións de ambigüedade, ilusións de distorsión. ilusións paradóxicas e ilusións fictícias ou alucinantes.
As ilusións ópticas fisioloxicamente ocorren durante a conexión do hemisferio dereito e esquerdo, grazas a esto temos a capacidade de percepción.
Moitos artistas aproveitaron as ilusións ópticas para dar ás súas obras un aspecto máxico, de profundidade, e ambigüedade e contrastes.
Entender estos fenómenos é útil para comprender as limitacións do sentido visual do ser humano e a posibilidade de distorsión, xa sexa no relativo a forma, o color, a dimensión e a perspectiva do observado. Non están sometidos a voluntade e poden variar entre unha persoa a outra, dependendo de factores como:
a) Agudeza visual.
b) Campimetría.
c) Daltonismo.
d) Astigmatismo.
e) E outros.
O cine tamén produce ilusión óptica, xa que unha película consiste nunha serie de fotografías que o ser proxectada, dan a sensación de movemento aparente. Os efectos das películas, tamén están fundamentadas en certa parte en ilusións ópticas.
Algunhas ilusións ópticas son: 
a) Ilusión da cuadrícula.
b) Espexismo.
c)Holograma.
d) Estereograma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario